Presentación do Foro Enerxético de Galicia

O Foro Enerxético de Galicia é un grupo de debate sobre temas relacionados coa enerxía coa finalidade de lanzar propostas de mellora da infraestrutura enerxética galega ás administracións públicas, tecido empresarial e sociedade galega en xeral.


O Foro é unha iniciativa non oficial e independente, que non está vinculada a ningunha administración pública, organismo empresarial ou grupo de interese.