Presentación do Foro Enerxético ao Conselleiro de Industria

O pasado 20 de abril unha representación do Foro Enerxético de Galicia tivo a oportunidade de presentar esta iniciativa a Francisco Conde, Conselleiro de Economía, Emprego e Industria.

No encontro, celebrado en Pontevedra, o Foro estivo representado por Daniel Prieto, Roberto Carlos González e Oriol Sarmiento.

Un dos propósitos do Foro Enerxético é o de lanzar propostas de mellora da infraestrutura enerxética galega ás administracións públicas.