Presentación

O Foro Enerxético de Galicia é unha iniciativa que pretende reunir a un grupo de expertos no sector para debater sobre temas relacionados coa enerxía na Comunidade Autónoma de Galicia e lanzar propostas de mellora da infraestrutura autonómica galega ás administracións públicas, tecido e sociedade galega en xeral.

O Foro é unha iniciativa non oficial e independente, que non está vinculada a ningunha administración pública, organismo empresarial ou grupo de interese.

O Foro está composto por profesionais de recoñecido prestixio no sector da enerxía en Galicia. A pertenza ao Foro é libre, gratuíta e non remunerada.