Fernando de Llano Paz

Fernando de Llano Paz é Doutor en Economía pola Universidade da Coruña (UDC) e profesor e investigador do Departamento de Empresa da UDC. Imparte docencia na Facultade de Economía e Empresa e no Mestrado de Aproveitamento e Eficiencia Enerxética.

Unha das súas liñas de investigación principal é a Economía da Enerxía, con especial interese nas Finanzas da Enerxía, Planificación e Política Enerxética da Unión Europea, Seguridade Enerxética e Análise de Externalidades. Publicou os seus artigos en revistas académicas especializadas como Energy (Elsevier), Renewable and Sustainable Energy Reviews (Elsevier) ou Journal of Cleaner Production (Elsevier).

Fixo estadías de investigación e docencia na Universidade de Porto e na Universidade de Coimbra (MIT Program).

Ingreso no Foro: 15/03/2019.

Comentarios