Gabriel Pereiro López


Gabriel Pereiro López é doutor, enxeñeiro e químico pola Universidade de Santiago de Compostela. É tamén enxeñeiro técnico industrial con premio extraordinario fin de carreira, e a maiores especializouse como formador ocupacional pola Universidade de Vigo.

Desenvolveu a súa actividade profesional en sectores do mais dispar como o agroalimentario, o farmacéutico, o audiovisual, o e-commerce, o enerxético, a edificación e a obra civil; obtendo recoñecementos en forma de premios nos eidos da edificación sostible, o medio ambiente e a fotografía industrial.Dende 2013 forma parte do comité editorial da revista galega de enerxía Dínamo Técnica e dende 2018 colabora ca International Conference on Energy Engineering and Environmental Protection; sendo de subliñar, entre outros, a súa experiencia en aforro e eficiencia enerxética, biomasa, bioeconomía e economía circular.

Ingreso no Foro: 04/12/20.

Comentarios