Isabel Pariente Muñoz

Isabel Pariente Muñoz é Enxeñeira Técnica Industrial especializada en Centrais e Redes. Máster en Prevención de Riscos Laborais nasespecialidades de Seguridade no Traballo, Hixiene Industrial e Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada. Con Certificación Internacional de Project Management (PMI-PMP®)

Conta cunha amplia traxectoria en PEMES e multinacionais do sector eléctrico, traballou en áreas moi divesas do sector e en proxectos de enerxías renovables eólicas e mareomotrices. Coinventora da Patente Española nº 2 551 827.

Actualmente desenvolve a sua traxectoria profesional nunha multinacional do sector gasista. É membro do comité editorial da revista galega de enerxía Dínamo Técnica.

Ingreso no Foro: 12/09/2019.

Comentarios