Javier Basanta García

Javier Basanta García é Enxeñeiro Técnico Industrial (2001), Tecnico Superior en Prevención de Riscos Laborais (2005), Máster en Enxeñería do Mantemento (2009) e Máster en Enxeñería Marítima (2013).

Cunha amplia traxectoria no sector privado en multinacionais en diferentes sectores como enerxía, alimentación e siderometalurxia, é especialista en mantemento de instalacións; actualmente desempeña funcións de responsabilidade no ámbito de mantemento e seguridade industrial para unha empresa multinacional lider.

Ademáis é membro do consello de redacción da revista galega de enerxía Dinamo Técnica e secretario da Asociación Galega de Xestores Enerxéticos.

Ingreso no Foro: 15/09/2017.