Jesús Castro Lozano

Jesús Castro Lozano é Enxeñeiro Industrial, pola Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais de Vigo. É Master en Prevención de Riscos Laborais, especialidade de Seguridade no Traballo pola Universidade Politécnica de Cataluña (ETSII de Barcelona).

Na actualidade é Director – Xerente da Axencia Enerxética Provincial da Coruña (FAEPAC), entidade que ten como fin principal a mellora e o aproveitamento dos recursos enerxéticos provinciais.

Traballou como evaluador de proxectos na Consellería de Economía e Industria. Foi consultor Freelance realizando estudios de viabilidade de proxectos relacionados coa biomasa.

Foi Director de Organización e Proxectos en Industrias del Tablero, S.A. (INTASA), estando ao cargo do diseño e posta en marcha de novas instalacións produtivas así como da xestión de diversas áreas da compañía.

Tamén ten experiencia na implantación de sistemas informáticos basados en redes locais, tarea que desenvolveu dende a área de Tecnoloxías da Información e Comunicación da compañía, área na que tamén traballou no Banco Pastor.

En Conservas Calvo exerceu coma adxunto ao Director Técnico e desenvolvendo melloras do proceso e Control e Seguimento de novas instalacións.

Ingreso no Foro: 22/03/2018.

Comentarios