Juan Berea Cruz

Juan Berea Cruz é Enxeñeiro Superior e Máster en Enerxía Renovable e Sostibilidade da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo e Máster en Prevención de Riscos Laborais pola Universidade de Oviedo. Tamén obtivo coñecementos de investigación (DEA) na área de Sistemas e Control Automático.

No campo profesional nos últimos anos traballou para Gas Natural Fenosa en México, en proxectos de xestión de redes domésticas e na construción dun gasoduto. Anteriormente fundou unha Consultoría de Enxeñaría especializada en Aforro e Eficiencia Enerxética e Implantación de Enerxías Renovables. Actualmente traballa como director de oficina técnica para a empresa Applus, en proxectos de construción de novos parques eólicos en España.

Ingreso no Foro: 15/03/2019.

Comentarios