Pablo Fernández Soneira

Pablo Fernández Soneira é Enxeñeiro Industrial pola Universidade de Vigo e experto en "Contratación de Enerxía na Empresa" polo Consejo General de Colegios Oficiales de Ingenieros Industriales.

Ten experiencia en investigación no campo da xeración enerxética de biomasa adquirida no grupo de traballo do GTE da Universidade de Vigo. Traballou no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense na mellora da eficiencia enerxética do bloque así como a xestión enerxética do mesmo.

Actualmente desenvolve a súa carreira profesional no Centro Tecnológico de Automoción de Galicia, CTAG, deseñando o sistema de xestión de calidade nos novos proxectos de automoción do Grupo PSA. Esta actividade a combina coa Coordinación da Comisión de Cultura da Delegación de Vigo do Ilustre Colegio Oficial de Ingenieros Industriales de Galicia.

Comentarios