Raquel Maquieira Diz

Raquel Maquieira Diz é Enxeñeiro Industrial (Msc) con especialización en Organización Industrial, MBA e Postgrado en Dirección de Marketing, Ventas e Dirección Comercial. É membro da xunta retora da Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia (AIIG) e membro do Patronato do Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG). Conta con experiencia específica na xeración e aceleración estratéxica de empresas con especial foco nos sectores enerxético, industrial e tecnolóxico, onde foron moitas as empresas que asesorou.

Moi implicada no ámbito asociativo e a sociedade civil, como poñente e moderadora habitual en múltiples foros, xerando e xestionando algúns deles e exercendo como xurado dos Premios da Industria e Enerxía de Galicia nas últimas edicións.

Desde o ano 2016 é directora da Delegación de Galicia de International Team Consulting, consultoría especializada na internacionalización, comercialización e estratexia.

Ingreso no Foro: 28/06/2019.

Comentarios