Visita do Foro Enerxético ao Instituto de la Ingeniería de España

O 14 de xuño unha representación do Foro Enerxético de Galicia, formada por varios dos seus membros, Carlos Rivas Pereda, Oriol Sarmiento Díez e Fernando Blanco Silva realizaron unha visita ao Instituto de la Ingeniería de España.

Na súa visita poideron coñecer ao seu presidente, o enxeñeiro galego e ex-Conselleiro de Medio Ambiente, Carlos del Álamo, e á presidenta da Comisión de Enerxía do Instituto, Yolanda Moratilla.

O Instituto de la Ingeniería de España é dende a sua fundación, o 15 de xaneiro de 1905, a institución de referencia da enxeñería española. Na actualidade aglutina a máis de 100.000 enxeñeiros das diferentes ramas.



Comentarios