Foro Enerxético de Galicia na Noite da Enerxía

Membros do Foro Enerxético de Galicia asistiron o pasado 15 de marzo en Santiago á VI Noite da Enerxía, a principal cita do sector enerxético na Comunidade e no que se entregan os PREMIOS GALICIA DE ENERXÍA.

Este ano, os premios foron concedidos pola Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia (AIIG) recoñecendo, en diferentes categorías, a personas, empresas e institucións do sector enerxético.

Os membros do Foro tiveron ocasión de transmitirlle as suas inquedanzas sobre o sector enerxético galego ao conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde. Na fotografía tamén están acompañados por Julio García Cordonié, secretario da AIIG.

De esquerda a dereita, Jesús Castro, Iago Martínez, Roberto Carlos González, Carlos Rivas Pereda, Oriol Sarmiento, Francisco Conde (conselleiro), Daniel Prieto, Julio García Cordonié (secretario AIIG), Honorio Blanco, Fernando Blanco, Javier Basanta e Ernesto Rodríguez.

Comentarios