Foro Enerxético reivindica a transformación dixital para acadar a excelencia na xestión da enerxía

Na última reunión celebrada en Santiago, o Foro Enerxético de Galicia quere poñer en valor a implantación da dixitalización no sector como unha ferramenta esencial para acadar a excelencia en tódolos procesos relacionados coa enerxía. As tecnoloxías derivadas da Industria 4.0, a automatización dos procesos, a implantación de ferramentas informáticas e en xeral as Tecnoloxías de Información e Comunicación (TICs) implican as melloras nos procesos de xeración, distribución, transformación intermedia e consumo, para todo o sector.

O Foro quere indicar que o sector da enerxía leva décadas utilizando as avantaxes das tecnoloxías dixitais, orixinalmente na implantación de ferramentas informáticas para o seguimento e control de procesos, e xa neste século XXI coa implantación da internet para a mellora dos procesos de transmisión de información. O Big Data e a implantación doutras tecnoloxías da Industria 4.0 sería a última aportación, xa que dispor dun histórico de datos supón un importante incremento da información dispoñible para a toma de decisións, e a posibilidade da mellora continua na eficiencia dos procesos.

Comentarios