Foro Enerxético de Galicia apoia a fábrica de baterías en Vigo

Os membros do Foro Enerxético de Galicia, despois da reunión celebrada en liña o pasado 2 de decembro de 2020, ven de demostralo seu apoio á candidatura de Vigo como sede da futura fábrica de baterías, esixindo a tódalas administracións implicadas o compromiso para que este centro de produción sexa real a corto prazo, sendo ademais fundamental para o cambio a un modelo de mobilidade máis sostible.

Na reunión celebrada os membros do Foro propuxeron que esta iniciativa tería un interesante efecto tractor na creación de centos de postos de traballo de alto valor engadido na área metropolitana de Vigo; ademais tería un esforzo tractor para a implantación de infraestruturas industriais na zona así como na inversión na I+D+i deste tipo de tecnoloxías.

Os membros do Foro subliñaron que a area de Vigo conta coas condicións de contorno adecuadas para ser eixo do futuro da mobilidade eléctrica. Unha plataforma loxística de primeiro nivel internacional, así como a proximidade a Portugal, sexto país do mundo o nivel de reservas de litio, un dos minerais fundamentais para a fabricación das baterías na actualidade. Tamén os membros do foro subliñaron que as últimas investigación en I+D+i en tecnoloxías de almacenaxe enerxético apuntan o aluminio coma un dos minerais do futuro, mineral do que no noroeste da península contamos con varias plantas de produción.

Sen esquecer que na actualidade existe un tecido industrial de provedores na contorna así como un polo tecnolóxico xa maduro. A carreira en Europa por captar estes centros produtivos está en marcha e Galicia non pode quedar atrás. Unha tecnoloxía clave para o futuro da industria enerxética, cunha clara importancia no industria da mobilidade. Sector que cunha fábrica de estas características na contorna facilitaría a implantación de novos fabricantes así como a captación de novos modelos nos xa presentes.

O Foro tamén quixo sinalar que un dos problemas máis importantes para o desenvolvemento das fontes de enerxía renovables é incrementar a capacidade de almacenamento, sendo unha fábrica de baterías unha solución internacional que terá efectos moi beneficiosos na loita contra as emisións de Gases de Efecto Invernadoiro e contra o cambio climático.

Comentarios