O Foro Enerxético de Galicia aposta polos biocultivos mariños como fonte de enerxía aternativa


O Foro Enerxético de Galicia ven de reunirse en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) o 28 de agosto co fin de analizar o cultivo de biomasa mariña como unha fonte de enerxía renovable, ecolóxica e sustentable cun gran potencial na nosa Comunidade Autónoma.

Actualmente o uso das algas como abono é habitual, pero non tanto como combustible, polo que dende o Foro Enerxético consideramos que se debe facer un esforzo en avanzar neste uso non previsto ata o momento. As algas ou o placton teñen un alto poder calorífico, unha vez desecado e preparado para a súa combustión.

Para a obtención industrial de biocombustibles mariños sería preciso obter estes cultivos de forma industrial, que pode ser en granxas mariñas ou piscifactorías na beira do mar. Galicia é a Comunidade Autónoma idónea para a implantación deste tipo de cultivos pola riqueza das rías e dos mares que a rodean.

Comentarios