Foro Enerxético de Galicia en Enerxétika 2022



O Foro Enerxético de Galicia ven de apoiar a celebración da Feira da Enerxía de Galicia, Enerxétika 2022, cunha reunión de traballo para analizar as novas tendencias do sector na Comunidade Autónoma durante estes meses. Ademáis o Foro quixo recoñecer o excelente traballo de Ricardo Durán como director da Feira, amosar o seu apoio ás próximas edicións de Enerxétika e invitando ao propio Ricardo a sumarse ao Foro como experto no sector enerxético.

No mesmo evento, membros do Foro, exerceron coma xurado de Salón de Innovación Enerxétika organizado no certame.

O Foro Enerxético é un grupo de debate que pretende servir como lugar de intercambio de iniciativas no eido enerxético, e está integrado por expertos do sector en Galicia. O Foro é independente de intereses empresariais, políticos e de calquera outro tipo.

Na fotografía, tomada en Silleda o 3 de febreiro, de esquerda a dereita: Javier Basanta, Fernando Blanco, Iago Martínez, Silvia Fernández, Rocío Lourenco, Ricardo Durán (director de Enerxétika), Raquel Maquieira, Daniel Prieto. José Mouriño, Isabel Pariente, Gabriel Pereiro, Carlos Rivas e Oriol Sarmiento.

Comentarios