Foro Enerxético na VIII Noite da Enerxía


Unha importante representación do Foro Enerxético de Galicia asistiu o pasado 22 de outubro a unha nova edición da Noite da Enerxía. Celebrada en Neda, trátase dun evento onde se recoñecen as mellores actuacións no eido enerxético. Os premios foron concedidos pola Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia.

No evento os membros do Foro tiveron a oportunidade de falar co delegado de Goberno en Galicia, José Miñones, e o alcalde de Ferrol, Ángel Mato. Lembraronlles a reivindicación dun centro tecnolóxico de enerxías do mar en Ferrol, unha demanda xa feita na reunión do Foro celebrada nesa cidade o 12 de setembro de 2019.

De esquerda a dereita, Fernando Blanco, Gabriel Pereiro, Roberto Carlos González, Rocío Lourenco, José Miñones (delegado do Goberno), Raquel Maquieira, Ángel Mato (alcalde de Ferrol), Isabel Pariente, José Mouriño, Oriol Sarmiento e Javier Basanta.

Comentarios